A avaliación económica: unha metodoloxía para tempos de crise (e de bonanza)

Sin título

Os gráficos amosan unha tendencia que se ven a observar dende o inicio desta crise económica na maioría dos servizos públicos de atención á saúde. Neste caso, presento a evolución da admisión a tratamentos por adiccións en España e os orzamentos públicos adicados a este grave problema de saúde.

En tempos de crise, cunha poboación cada vez máis avellentada, unhas tecnoloxías sanitarias de custos elevadísimos, e uns recursos adicados á mellora da saúde que sempre se presentan escasos (persoal sanitario, hospitais, tecnoloxías…), é necesario que os decisores públicos conten con ferramentas que lles axuden a minimizar dúbidas na asignación dos recursos entre os usos alternativos.

A avaliación económica no eido da asistencia sanitaria, de amplia implantación noutros países da nosa contorna*, debería convertirse nunha práctica consolidada na toma de decisións e na configuración do noso catálogo público de prestacións sanitarias.

* No Reino Unido, o National Institute for Health and Care Excellence (NICE) ten encomendada esta tarefa, e a leva a cabo a través de programas como ‘Save money and increase productivity’.

Deja un comentario